Autora

Sheila Katherine Thompson

Sheila Thompson naceu en Oxford (Reino Unido) en 1972, onde pasou toda a súa infancia. Obtivo o seu grao en Lingua e Literatura inglesa na Universidade de Leeds (Reino Unido) en 1994. A súa paixón polas letras e polo ensino veñen desde moi nova. Así, despois de exercer de profesora de inglés en Singapur chega a Euskadi, onde inicia a súa carreira docente en España. Desde o ano 2010 establécese como profesora nun prestixioso centro educativo de Sevilla ocupando un gran número de postos: mestra de primaria, Xefa do departamento de linguas estranxeiras, Xefa de estudos e membro do equipo de dirección. Sheila é especialista en Habilidades e Destrezas da Xestión de Centros Educativos e tamén conta cun Mestrado MAES no Ensino do Inglés como lingua estranxeira. A partires dahí cualifícase co IB English Teaching Diploma e deste xeito, coa fin de culminar a súa traxectoria en todas as etapas escolares, comeza a impartir clases en Secundaria e Bacharelato.